«O poder dos detalles»: mostra fotográfica na Facultade de Educación da Universidade da Coruña

Texto e fotografías: María Berini Pita da Veiga

Cartaz da mostra: Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña)

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña conta cun espazo chamado ‘Recuncho de lectura’ onde teñen lugar diferentes actividades culturais, tales como encontros literarios ou exposicións fotográficas, entre outras. O espazo sitúase na planta baixa da biblioteca, separado dos fondos da mesma. Sillóns e estanterías con obras de diferentes xéneros literarios que todos os meses vense acompañados de fotografías, ilustracións e outro tipo de obras, tanto de autores locais, de profesores da facultade ou mesmo dos propios estudantes. No seu blogue (click) poden seguirse todas as novas.

17990541_1327922623954196_1911892331253296461_o

 

É unha marabilla que a Facultade desenvolva este tipo de iniciativas e que dean oportunidade a toda a comunidade educativa de participar nelas. Nos meses de maio e xuño a miña mostra «O poder dos detalles» poderase visitar no recuncho.

pingas-de-chuvia_firma

Do meu avó e do meu pai herdei o gusto pola fotografía. Esta mostra está formada por 12 fotografías tiradas en modo manual e sen apenas retoque dixital, pois é algo que rexeito neste eido. Trátase dunha colección que xorde de xeito espontáneo cando reparo en que a meirande parte das miñas fotografías favoritas recollen detalles. É o caso da fotografía «Liberdade» (gárgola detrás de enreixado na catedral de Notre Dame de París, cidade que acaba de sufrir os atentados da sala Bataclán) ou da fotografía «Pingas de chuvia» (tirada nun paseo por Compostela, nesas tardes típicas da capital, grises e chuviosas). 

xentes_firma

Tedes máis información nesta entrada do seu blogue: 

http://bibedu.blogaliza.org/2017/04/19/o-poder-dos-detalles-de-maria-berini-pita-da-veiga/

Motísimas grazas a Inma e a todo o equipo de biblioteca por esta oportunidade!

refulxir_firma

Nas vindeiras semanas colgarei o resultado da montaxe da mostra no recuncho. 

Deja un comentario